miércoles, 27 de abril de 2016

Compoñentes do sistema operativo

COMPOÑENTES DO SISTEMA OPERATIVO

Núcleo ou kernel:
É a parte fundamental dun sistema operativo. É o software responsable de facilitar aos distintos programas acceso seguro ao hardware da computadora de xeito máis básico, é o encargado de xestionar recursos, a través de servicios de chamada ao sistema. O núcleo tamén se encarga de decidir que programa podefacer uso dun dispositivo de hardware e durante canto tempo, o que se coñece como multiplexado..

Administrador de memoria:
Son os distintos métodos e operacións que se encargan de obter a máxima utilidade da memoria, organizando os procesos e programas que se executan de maneira tal que se aproveite da mellor maneira posible o espacio dispoñible.

Sistema de entrada e saída (E/S):
É a colección de interfaces que empregan as distintas unidades funcionais (subsistemas) dun sistema de procesamento de información para comunicarse unas con outras, ou os sinais (información) enviados a través desas interfaces. As entradas son recibidas pola unidade, mentres que as saídas son os sinais enviados por esta.

Administrador de arquivos: 

É unha aplicación informática que prové acceso a e facilita o realizar operacións con eles, como copiar, mover ou eliminar, arquivos onde o usuario o queira ubicar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario