viernes, 29 de abril de 2016

Sistemas operativos para PC (1)

Os sistemas operativos que existen son moi diversos, poden ser de software libre ou privado. Os máis habituais son Linux, Microsoft Windows e Mac OS pero nesta entrada falaremos tamén de outros que son menos habituais. Os tres grandes serán profundizados nas seguintes entradas.

Linux e similares

Cando falamos dun sistema operativo alternativo a Windows para instalar no noso ordenador, o primeiro que se nos ocorre é Linux.
Grazas a distribucións coma Ubuntu ou Linux Mint, este sistema operativo de código aberto
conseguiu conquistar a un gran número de usuarios de todo o mundo. Ademáis, diversas empresas están conseguindo levar a potencia do software libre ás empresas, e cada vez en un número maior delas descobre as vantaxes de non depender de Microsoft.

Android

Forma parte dos sistemas derivados de Linux pero contén tantas modificacións como para poder ser considerado un sistema operativo independente. Ademáis de en smartphones y tablets (onde predomina), cada vez son máis os fabricantes que comezan a ofrecer Android preinstalado nos seus equipos e de feito, xa vimos como empresas como Acer ou HP están a ofrecer que permiten traballar ou ben con Windows, ou ben con Android.

Chrome OS

Chrome OS parte do kernel de Linux, considérase un sistema operativo diferente. As modificacións que se fixeron no escritorio permiten únicamente traballar con Google Chrome e cas aplicaciones provenientes da Chrome Web Store. Actualmente ven preinstalado nalgúns modelos concretos , pero isto non quere dicir que non o poidamos descargar no noso ordenador. 

React OS

ReactOS é un sistema operativo de código aberto basado nos mellores principios de deseño que se atopan na arquitectura de Windows NT. Foi escrito completamente desde cero, ReactOS non é un sistema basado en Linux, e non comparte nada da arquitectura UNIX. De momento atópase en fase alpha e o seu obxectivo é ser compatible con Windows Server 2003.

Mac OS X
É o sistema operativo de Apple para a súa gama de ordenadores Macintosh. Está basado en UNIX e foi o primeiro sistema operativo en incorporar unha interface gráfica. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario