Sistema
de arquivos ext4
O
cuarto sistema de arquivos estendido denominado ext4 (en inglés:
fourth extended
filesystem), é un sistema de arquivos con bitácora (en inglés:
Journaling)que foi concibida como unha mellora compatible de ext3.
Ext4 foi publicado como estable o 25 de decembro de 2008 na versión
2.6.28 do núcleo Linux e desde entón atópase dispoñible para o
uso en sistemas de produción.
Características
principais
-
Soporte
de volumes de ata 1 exabyte (260 bytes) e arquivos con tamaño ata 16
terabytes.
-
Capacidade
de reservar un área contigua para un arquivo denominada "extents",
a cal pode reducir e ata eliminar completamente a fragmentación de
arquivos.
-
Menor
uso do CPU.
-
Melloras
na velocidade de lectura e escritura.
NTFS
(New
Technology File System,
"Sistema de Ficheiros de Nova Tecnoloxía"); é un sistema
de ficheiros utilizado
polas versións de Microsoft
Windows cun
núcleo (kernel)
baseado en NT. A versión máis nova é a empregada por Windows
XP que
é a 3.1 (chamada ás veces 5.1 pola versión do Kernel).
Características principais
NTFS é o sistema ficheiros estándar de Windows NT e dos seus descendentes (as gamas 2000, XP e 2003). As versións 9x (MS-DOS, Windows 95, Windows 98 e Windows ME) non poden ler este sistema de ficheiros de maneira predeterminada, pero existen utilidades para salvar esta carencia.
NTFS
substituíu ao anterior sistema de ficheiros de Microsoft,
chamado FAT
común
a MS-DOS e ás versións tempranas de Windows.
NTFS
incorpora moitas melloras sobre o sistema FAT, como compatibilidade
mellorada con metadatos,
e o uso de estrutura de datos avanzadas (árbores-B) para optimizar o
rendemento, estabilidade, e o aproveitamento do espazo no disco,
ademais de novas características adicionais, como a seguridade, as
listas
de control de acceso,
o rexistro de transaccións (journaling)
e poder asociar uns ficheiros
a
outros.
Hai
tres versións de NTFS: v1.2 en NT 3.51 e NT 4, v3.0 en Windows 2000
e v3.1 en Windows XP e Windows 2003 Server. Estas versións reciben
en ocasións as denominacións v4.0, v5.0 e v5.1, en relación ca
versión de Windows na que foron incluidas. As versións máis
recentes van incluíndo algunhas características novas: en Windows
2000 introducíronse as cuotas.
Sistema
de arquivos FAT32
Windows
95 OSR2, Windows 98 e Windows Millennium Edition incorporan unha
versión actualizada do sistema de arquivos FAT. Esta versión
actualizada denomínase FAT32. O sistema de arquivos FAT 32 admite un
tamaño de clúster mínimo predeterminado de 4 KB e é compatible
cos discos duros EIDE de máis de 2 gigabytes (GB) de tamaño.
Características principais
-
FAT32 admite unidades de ata 2 terabytes de tamaño.
-
FAT32 aproveita o espazo de forma máis eficiente. FAT 32 utiliza clústeres menores (é dicir, clústeres de 4 KB a 8 KB), o que significa entre un 10 e un 15 por cento de mellora no uso do espazo con respecto a unidades grandes con sistemas de arquivos FAT ou FAT16.
-
FAT32 é máis robusto. Pode recolocar o cartafol raíz e utilizar a copia de seguridade da táboa de asignación de arquivos en lugar da copia predeterminada. Ademais, o rexistro de inicio das unidades FAT32 ampliouse para incluír unha copia das estruturas de datos críticas. Polo tanto, as unidades FAT32 son menos susceptibles a un único punto de erro que as unidades FAT16 existentes.
-
FAT32 é máis flexible. O cartafol raíz dunha unidade FAT32 é unha cadea de clústeres ordinaria, de maneira que pode situarse en calquera unidade. As limitacións presentes en versións anteriores con respecto ao número de entradas do cartafol raíz xa non existen. Ademais, pódese deshabilitar o duplicado da táboa de asignación de arquivos, co que se pode xerar unha táboa de asignación de arquivos distinta da primeira que está activa. Estas características permiten o cambio de tamaño dinámico das particiones FAT32. No entanto, teña en conta que, aínda que o deseño de FAT32 permite esta función, Microsoft non a implementará na versión inicial.



No hay comentarios:
Publicar un comentario