A
historia comeza en 1981, coa compra por parte de Microsoft, dun
sistema operativo chamado
QDOS, que tras realizar unhas
poucas
modificacións,
se convirte na
primera versión do
sistema operativo de Microsoft MS-DOS 1.0 (MicroSoft
Disk
Operating
System)
A partires
de aquí, sucédense unha serie de modificacións do sistema
operativo, ata chegar á versión 7.1, a partires da cal MS-DOS deixa
de existir como tal e se convirte nunha parte integrada do sistema
operativo Windows.
CRONOLOXÍA
DE MS-DOS
En 1982,
aparece a versión 1.25, coa que se engade soporte para disquetes de
doble cara.
Non é ata o
ano seguinte, 1983, cando o sistema comeza a ter máis
funcionalidade, coa súa versión 2.0, que engade soporte a discos
duros IBM de 10 MB, e a posibilidade de lectura-escritura de
disquetes de 5.25" con capacidade de 360Kb. Na versión 2.11 do
mesmo ano, inclúense novos caracteres de teclado.
En 1984,
Microsoft lanzaría a súa versión 3.0 de MS-DOS, e é entón cando
se engade soporte para discos de alta densidade de 1,2MB e a
posibilidade de instalar un disco duro cun máximo de 32MB.
Nese mesmo
ano, ampliaríase na versión 3.1 o soporte para redes Microsoft.
Non é ata 3
anos máis tarde, en 1987, cando se lanza a versión 3.3 con soporte
para os coñecidos e actuais disquetes de 3,5", e permítese o
uso de discos duros maiores de 32 MB.
Es no 1988
cando Microsoft saca ao mercado a súa versión 4.0 e con ela o
soporte para memoria XMS e a posibilidade de incluir discos duros de
ata 2GB, cabe destacar que esta versión foi a maior catástrofe
realizada pola empresa, xa que estaba chea de bugs, fallos, etc...
isto arranxouse en 1989 co lanzamento da versión 4.01 que
solucionaba todos estes problemas e fallos.
Un dos
avances máis relevantes da historia de MS-DOS, é o paso en 1991 da
versión 4.01 á versión 5.0, na que DOS, é xa capaz de cargar
programas na parte da memoria alta do sistema empregando a memoria
superior (dos 640Kb aos 1024Kb). Na versión 5.0 engádese o
programador BASIC e o famoso editor EDIT. Tamén se introduciron as
utilidades UNDELETE (Recuperación de ficheiros borrados), FDISK
(Administración de particións) e unha utilidade para facer
funcionar os programas deseñados para versións anteriores de
ms-dos, chamada SETVER. É a finais de 1992 cando se resolven uns
problemas con UNDELETE e CHKDSK na versión 5.0a.
En 1993,
aparece MS-DOS 6.0 con moitas novidades, entre elas a utilidade
Doublespace que se encargaba de comprimir o disco e así ter máis
espacio dispoñible, tamén se incluiu un antivirus básico (MSAV),
un defragmentador (DEFRAG), un administrador de memoria (MEMMAKER) e
suprimíronse certas utilidades antigas, que facendo un mal uso delas
podían destruir datos, estas utilidades eran JOIN e RECOVER entre
outras.
No mesmo ano
sae a versión 6.2 que engade seguridade á perdida de datos de
Doublespace, e introduce un novo escáner de discos, SCANDISK á vez
que soluciona problemas con DISKCOPY e SmartDrive. Na versión 6.21
aparecida tamén nese ano 1993, Microsoft suprime Doublespace e busca
unha nova alternativa para esta utilidade.
Un ano máis
tarde, en 1994, aparece a solución o problema de Doublespace, é a
utilidade da compañía Stac Electronics, Drivespace, a escollida
para incluirse na versión 6.22.
É xa no ano
1995 cando aparece Microsoft Windows 95, que supón apartar a MS-DOS
a un plano secundario.
Aínda
así en
1995 aparece
unha
nova
versión, a 7.0, coa que se corrixen
multitude
de utilidades e
se
proporciona soporte para nomes
longos.
As
utilidades borradas do
anterior
sistema operativo podémolas
atopar
no
directorio do
cd de windows 95 \other\oldmsdos.
En 1997
aparece Windows 95 OSR2, e con el unha revisión exhaustiva do
sistema DOS, engadindo o soporte para particións FAT32, e aquí
llega ao seu fin a historia das versións de MS-DOS.
Na
actualidade, pouca xente emprega MS-DOS, e a maior parte lembrámonos
del cando windows non é quen de realizar a tarefa que estamos a
facer ou cando Windows falla.
Moitos
técnicos na área da informática, empregan MS-DOS para realizar
mantementos do pc, instalacións, formateo e particionamento de
discos duros ou escaneo dos mesmos.
Hai
que deixar
constancia de que MS-DOS foi
o
sistema operativo usado
por practicamente todos os usuarios de PC dende
1981 ata practicamente a actualidade,
utilizando programas famosos para traballar
coma
o
lexendario
WordPerfect 5.1, Works 2.0, Comandante Norton, Autocad, Ability 2000
entre outros...

No hay comentarios:
Publicar un comentario