miércoles, 11 de mayo de 2016

Programa informático, aplicación informática e app

PROGRAMA INFORMÁTICO
Un programa informático é un conxunto de instrucións que se lle dan a un sistema informático para realizar un conxunto de tarefas determinado.
Un programa de ordenador é unha lista de instrucións escritas nunha linguaxe de programación. Todas as linguaxes de programación consisten en palabras reservadas (parecidas a substantivos e verbos) en inglés, un conxunto de operadores (equivalentes a operadores matemáticos como “máis”, “menos” etc.) e un conxunto de funcións e procedementos que realizan tarefas específicas tales como imprimir, ler un ficheiro, calcular a raiz cadrada dun número etc.
Estes elementos combínanse en instrucións de acordo coas regras desa linguaxe. Os programas escritos nalgunhas linguaxes de programación son doadas de ler, xa que as instrucións parécense ao inglés, mentres que outras usan moitos símbolos, o que dificulta a lectura. Por esta razón, un programa de ordenador chámase código fonte ou simplemente código, no que cada instrución mándalle realizar unha tarefa determinada ao computador .
Para que un computador responda a esas instrucións, hai que transformar o código fonte en código lexíbel por máquina mediante un compilador, que é tamén específico desa linguaxe. O compilador converte o ficheiro co código fonte no que se chama un ficheiro binario (un ficheiro que non contén texto). O ficheiro binario chámase ás veces un executábel. Outras denominacións son programa e aplicación. Cada vez que se lle manda ao ordenador que siga as instrucións que se lle mandan no programa dicimos que o executamos ou que está a correr. Un sistema operativo é un programa que está a correr continuamente e que xestiona todas as demais aplicacións que se executan no computador.

APLICACIÓN INFORMÁTICA
En informática, unha aplicación é un tipo de programa informático deseñado como ferramenta para permitir a un usuario realizar un ou diversos tipos de traballos. Isto diferénciao principalmente doutros tipos de programas, coma os sistemas operativos (que fan funcionar a computadora), as utilidades (que realizan tarefas de mantemento ou de uso xeral), e as ferramentas de desenvolvemento de software (para crear programas informáticos).
Adoita resultar unha solución informática para a automatización de certas tarefas complicadas, como poden ser a contabilidade, a redación de documentos, ou a xestión dun almacén. Algúns exemplos de programas de aplicación son os procesadores de textos, follas de cálculo, e base de datos.
Certas aplicacións desenvoltas «a medida» adoitan ofrecer unha gran potencia xa que están exclusivamente deseñadas para resolver un problema específico. Outros, chamados paquetes integrados de software, ofrecen menos potencia pero a cambio inclúen varias aplicacións, como un programa procesador de textos, de folla de cálculo, de realización de presentacións e de base de datos.
Outros exemplos de programas de aplicación poden ser: programas de comunicación de datos, multimedia, presentacións, deseño gráfico, cálculo, finanzas, correo electrónico, navigador web, compresión de arquivos, presupostos de obras, xestión de empresas, etc.

APP
Unha aplicación móvil, apli ou app (en inglés) é unha aplicación informática deseñada para ser executada en teléfonos inteligentes, tabletas e outros dispositivos móviles e que lle permite ao usuario efectuar unha tarefa concreta de calqueira tipo —profesional, de ocio, educativas, de acceso a servicios, etc.—, facilitando as xestións ou actividades a realizar.
Polo xeral atópanse dispoñibles a través de plataformas de distribución, operadas polas compañías propietarias dos sistemas operativos móviles como Android, iOS, BlackBerry OS, Windows Phone, entre outros. Existen aplicacións móviles gratuitas e outras de pago, onde en promedio o 20-30% do custo da aplicación se destina ao distribuidor e o resto é para a persoa que creou a app. O termo app volveuse popular rápidamente, tanto que en 2010 foi listada como Word of the Year (Palabra do Ano) pola American Dialect Society.
Ao ser aplicacións residentes nos dispositivos están escritas nalgún linguaxe de programación compilado, e o seu funcionamiento e recursos se encamiñan a aportar unha serie de vantaxes tales como:

  • Un acceso máis rápido e sixelo á información necesaria sin necesidade dos datos de autenticación en cada acceso.
  • Un almacenamento de datos persoais que, a priori, é de xeito seguro.
  • Unha gran versatilidade en canto á súa utilización ou aplicación práctica.
  • A atribución de funcionalidades específicas.
  • Mellorar a capacidade de conectividade e dispoñibilidade de servizos e produtos (usuario-usuario, usuario-proveedor de servicios, etc.)

Enlace empregado para realizara a entradaEnlace empregado para realizar a entrada 2
Enlace empregado para realizar a entrada 3

No hay comentarios:

Publicar un comentario