viernes, 13 de mayo de 2016

ext4, NFS,FAT32, HFS

Sistema de arquivos ext4
O cuarto sistema de arquivos estendido denominado ext4 (en inglés: fourth extended filesystem), é un sistema de arquivos con bitácora (en inglés: Journaling)que foi concibida como unha mellora compatible de ext3. Ext4 foi publicado como estable o 25 de decembro de 2008 na versión 2.6.28 do núcleo Linux e desde entón atópase dispoñible para o uso en sistemas de produción.


Características principais
- Soporte de volumes de ata 1 exabyte (260 bytes) e arquivos con tamaño ata 16 terabytes.
- Capacidade de reservar un área contigua para un arquivo denominada "extents", a cal pode reducir e ata eliminar completamente a fragmentación de arquivos.
- Menor uso do CPU.
- Melloras na velocidade de lectura e escritura.



NTFS: sistema de ficheiros de nova tecnoloxía
NTFS (New Technology File System, "Sistema de Ficheiros de Nova Tecnoloxía"); é un sistema de ficheiros utilizado polas versións de Microsoft Windows cun núcleo (kernel) baseado en NT. A versión máis nova é a empregada por Windows XP que é a 3.1 (chamada ás veces 5.1 pola versión do Kernel).

Características principais

NTFS é o sistema ficheiros estándar de Windows NT e dos seus descendentes (as gamas 2000, XP e 2003). As versións 9x (MS-DOS, Windows 95, Windows 98 e Windows ME) non poden ler este sistema de ficheiros de maneira predeterminada, pero existen utilidades para salvar esta carencia.

NTFS substituíu ao anterior sistema de ficheiros de Microsoft, chamado FAT común a MS-DOS e ás versións tempranas de Windows.
NTFS incorpora moitas melloras sobre o sistema FAT, como compatibilidade mellorada con metadatos, e o uso de estrutura de datos avanzadas (árbores-B) para optimizar o rendemento, estabilidade, e o aproveitamento do espazo no disco, ademais de novas características adicionais, como a seguridade, as listas de control de acceso, o rexistro de transaccións (journaling) e poder asociar uns ficheiros a outros.
Hai tres versións de NTFS: v1.2 en NT 3.51 e NT 4, v3.0 en Windows 2000 e v3.1 en Windows XP e Windows 2003 Server. Estas versións reciben en ocasións as denominacións v4.0, v5.0 e v5.1, en relación ca versión de Windows na que foron incluidas. As versións máis recentes van incluíndo algunhas características novas: en Windows 2000 introducíronse as cuotas.



Sistema de arquivos FAT32
Windows 95 OSR2, Windows 98 e Windows Millennium Edition incorporan unha versión actualizada do sistema de arquivos FAT. Esta versión actualizada denomínase FAT32. O sistema de arquivos FAT 32 admite un tamaño de clúster mínimo predeterminado de 4 KB e é compatible cos discos duros EIDE de máis de 2 gigabytes (GB) de tamaño.

Características principais

  • FAT32 admite unidades de ata 2 terabytes de tamaño.
  • FAT32 aproveita o espazo de forma máis eficiente. FAT 32 utiliza clústeres menores (é dicir, clústeres de 4 KB a 8 KB), o que significa entre un 10 e un 15 por cento de mellora no uso do espazo con respecto a unidades grandes con sistemas de arquivos FAT ou FAT16.
  • FAT32 é máis robusto. Pode recolocar o cartafol raíz e utilizar a copia de seguridade da táboa de asignación de arquivos en lugar da copia predeterminada. Ademais, o rexistro de inicio das unidades FAT32 ampliouse para incluír unha copia das estruturas de datos críticas. Polo tanto, as unidades FAT32 son menos susceptibles a un único punto de erro que as unidades FAT16 existentes.
  • FAT32 é máis flexible. O cartafol raíz dunha unidade FAT32 é unha cadea de clústeres ordinaria, de maneira que pode situarse en calquera unidade. As limitacións presentes en versións anteriores con respecto ao número de entradas do cartafol raíz xa non existen. Ademais, pódese deshabilitar o duplicado da táboa de asignación de arquivos, co que se pode xerar unha táboa de asignación de arquivos distinta da primeira que está activa. Estas características permiten o cambio de tamaño dinámico das particiones FAT32. No entanto, teña en conta que, aínda que o deseño de FAT32 permite esta función, Microsoft non a implementará na versión inicial.



Hierarchical File System


Sistema de Archivos Xerárquico ou Hierarchical File System (HFS), é un sistema de arquivos desenvovido por Apple Inc. para o seu uso en computadores que corren Mac OS. Orixinalmente deseñado para ser usado en disquetes e discos duros, tamén é posible atopalo en dispositivos de só-lectura como os CD-ROMs. HFS é o nome usado polos creadfores, pero na documentación de usuarios o formato é referido como estándar Mac Vos para diferencialo do seu sucesor HFS o cal é chamado Estendido Mac Vos. 


miércoles, 11 de mayo de 2016

Programa informático, aplicación informática e app

PROGRAMA INFORMÁTICO
Un programa informático é un conxunto de instrucións que se lle dan a un sistema informático para realizar un conxunto de tarefas determinado.
Un programa de ordenador é unha lista de instrucións escritas nunha linguaxe de programación. Todas as linguaxes de programación consisten en palabras reservadas (parecidas a substantivos e verbos) en inglés, un conxunto de operadores (equivalentes a operadores matemáticos como “máis”, “menos” etc.) e un conxunto de funcións e procedementos que realizan tarefas específicas tales como imprimir, ler un ficheiro, calcular a raiz cadrada dun número etc.
Estes elementos combínanse en instrucións de acordo coas regras desa linguaxe. Os programas escritos nalgunhas linguaxes de programación son doadas de ler, xa que as instrucións parécense ao inglés, mentres que outras usan moitos símbolos, o que dificulta a lectura. Por esta razón, un programa de ordenador chámase código fonte ou simplemente código, no que cada instrución mándalle realizar unha tarefa determinada ao computador .
Para que un computador responda a esas instrucións, hai que transformar o código fonte en código lexíbel por máquina mediante un compilador, que é tamén específico desa linguaxe. O compilador converte o ficheiro co código fonte no que se chama un ficheiro binario (un ficheiro que non contén texto). O ficheiro binario chámase ás veces un executábel. Outras denominacións son programa e aplicación. Cada vez que se lle manda ao ordenador que siga as instrucións que se lle mandan no programa dicimos que o executamos ou que está a correr. Un sistema operativo é un programa que está a correr continuamente e que xestiona todas as demais aplicacións que se executan no computador.

APLICACIÓN INFORMÁTICA
En informática, unha aplicación é un tipo de programa informático deseñado como ferramenta para permitir a un usuario realizar un ou diversos tipos de traballos. Isto diferénciao principalmente doutros tipos de programas, coma os sistemas operativos (que fan funcionar a computadora), as utilidades (que realizan tarefas de mantemento ou de uso xeral), e as ferramentas de desenvolvemento de software (para crear programas informáticos).
Adoita resultar unha solución informática para a automatización de certas tarefas complicadas, como poden ser a contabilidade, a redación de documentos, ou a xestión dun almacén. Algúns exemplos de programas de aplicación son os procesadores de textos, follas de cálculo, e base de datos.
Certas aplicacións desenvoltas «a medida» adoitan ofrecer unha gran potencia xa que están exclusivamente deseñadas para resolver un problema específico. Outros, chamados paquetes integrados de software, ofrecen menos potencia pero a cambio inclúen varias aplicacións, como un programa procesador de textos, de folla de cálculo, de realización de presentacións e de base de datos.
Outros exemplos de programas de aplicación poden ser: programas de comunicación de datos, multimedia, presentacións, deseño gráfico, cálculo, finanzas, correo electrónico, navigador web, compresión de arquivos, presupostos de obras, xestión de empresas, etc.

APP
Unha aplicación móvil, apli ou app (en inglés) é unha aplicación informática deseñada para ser executada en teléfonos inteligentes, tabletas e outros dispositivos móviles e que lle permite ao usuario efectuar unha tarefa concreta de calqueira tipo —profesional, de ocio, educativas, de acceso a servicios, etc.—, facilitando as xestións ou actividades a realizar.
Polo xeral atópanse dispoñibles a través de plataformas de distribución, operadas polas compañías propietarias dos sistemas operativos móviles como Android, iOS, BlackBerry OS, Windows Phone, entre outros. Existen aplicacións móviles gratuitas e outras de pago, onde en promedio o 20-30% do custo da aplicación se destina ao distribuidor e o resto é para a persoa que creou a app. O termo app volveuse popular rápidamente, tanto que en 2010 foi listada como Word of the Year (Palabra do Ano) pola American Dialect Society.
Ao ser aplicacións residentes nos dispositivos están escritas nalgún linguaxe de programación compilado, e o seu funcionamiento e recursos se encamiñan a aportar unha serie de vantaxes tales como:

  • Un acceso máis rápido e sixelo á información necesaria sin necesidade dos datos de autenticación en cada acceso.
  • Un almacenamento de datos persoais que, a priori, é de xeito seguro.
  • Unha gran versatilidade en canto á súa utilización ou aplicación práctica.
  • A atribución de funcionalidades específicas.
  • Mellorar a capacidade de conectividade e dispoñibilidade de servizos e produtos (usuario-usuario, usuario-proveedor de servicios, etc.)

Enlace empregado para realizara a entradaEnlace empregado para realizar a entrada 2
Enlace empregado para realizar a entrada 3

martes, 10 de mayo de 2016

MS-DOS


A historia comeza en 1981, coa compra por parte de Microsoft, dun sistema operativo chamado QDOS, que tras realizar unhas poucas modificacións, se convirte na primera versión do sistema operativo de Microsoft MS-DOS 1.0 (MicroSoft Disk Operating System)
A partires de aquí, sucédense unha serie de modificacións do sistema operativo, ata chegar á versión 7.1, a partires da cal MS-DOS deixa de existir como tal e se convirte nunha parte integrada do sistema operativo Windows.
CRONOLOXÍA DE MS-DOS
En 1982, aparece a versión 1.25, coa que se engade soporte para disquetes de doble cara.
Non é ata o ano seguinte, 1983, cando o sistema comeza a ter máis funcionalidade, coa súa versión 2.0, que engade soporte a discos duros IBM de 10 MB, e a posibilidade de lectura-escritura de disquetes de 5.25" con capacidade de 360Kb. Na versión 2.11 do mesmo ano, inclúense novos caracteres de teclado.
En 1984, Microsoft lanzaría a súa versión 3.0 de MS-DOS, e é entón cando se engade soporte para discos de alta densidade de 1,2MB e a posibilidade de instalar un disco duro cun máximo de 32MB.
Nese mesmo ano, ampliaríase na versión 3.1 o soporte para redes Microsoft.
Non é ata 3 anos máis tarde, en 1987, cando se lanza a versión 3.3 con soporte para os coñecidos e actuais disquetes de 3,5", e permítese o uso de discos duros maiores de 32 MB.
Es no 1988 cando Microsoft saca ao mercado a súa versión 4.0 e con ela o soporte para memoria XMS e a posibilidade de incluir discos duros de ata 2GB, cabe destacar que esta versión foi a maior catástrofe realizada pola empresa, xa que estaba chea de bugs, fallos, etc... isto arranxouse en 1989 co lanzamento da versión 4.01 que solucionaba todos estes problemas e fallos.
Un dos avances máis relevantes da historia de MS-DOS, é o paso en 1991 da versión 4.01 á versión 5.0, na que DOS, é xa capaz de cargar programas na parte da memoria alta do sistema empregando a memoria superior (dos 640Kb aos 1024Kb). Na versión 5.0 engádese o programador BASIC e o famoso editor EDIT. Tamén se introduciron as utilidades UNDELETE (Recuperación de ficheiros borrados), FDISK (Administración de particións) e unha utilidade para facer funcionar os programas deseñados para versións anteriores de ms-dos, chamada SETVER. É a finais de 1992 cando se resolven uns problemas con UNDELETE e CHKDSK na versión 5.0a.
En 1993, aparece MS-DOS 6.0 con moitas novidades, entre elas a utilidade Doublespace que se encargaba de comprimir o disco e así ter máis espacio dispoñible, tamén se incluiu un antivirus básico (MSAV), un defragmentador (DEFRAG), un administrador de memoria (MEMMAKER) e suprimíronse certas utilidades antigas, que facendo un mal uso delas podían destruir datos, estas utilidades eran JOIN e RECOVER entre outras.
No mesmo ano sae a versión 6.2 que engade seguridade á perdida de datos de Doublespace, e introduce un novo escáner de discos, SCANDISK á vez que soluciona problemas con DISKCOPY e SmartDrive. Na versión 6.21 aparecida tamén nese ano 1993, Microsoft suprime Doublespace e busca unha nova alternativa para esta utilidade.
Un ano máis tarde, en 1994, aparece a solución o problema de Doublespace, é a utilidade da compañía Stac Electronics, Drivespace, a escollida para incluirse na versión 6.22.

É xa no ano 1995 cando aparece Microsoft Windows 95, que supón apartar a MS-DOS a un plano secundario.
Aínda así en 1995 aparece unha nova versión, a 7.0, coa que se corrixen multitude de utilidades e se proporciona soporte para nomes longos. As utilidades borradas do anterior sistema operativo podémolas atopar no directorio do cd de windows 95 \other\oldmsdos.
En 1997 aparece Windows 95 OSR2, e con el unha revisión exhaustiva do sistema DOS, engadindo o soporte para particións FAT32, e aquí llega ao seu fin a historia das versións de MS-DOS.
Na actualidade, pouca xente emprega MS-DOS, e a maior parte lembrámonos del cando windows non é quen de realizar a tarefa que estamos a facer ou cando Windows falla.
Moitos técnicos na área da informática, empregan MS-DOS para realizar mantementos do pc, instalacións, formateo e particionamento de discos duros ou escaneo dos mesmos.

Hai que deixar constancia de que MS-DOS foi o sistema operativo usado por practicamente todos os usuarios de PC dende 1981 ata practicamente a actualidade, utilizando programas famosos para traballar coma o lexendario WordPerfect 5.1, Works 2.0, Comandante Norton, Autocad, Ability 2000 entre outros...

domingo, 8 de mayo de 2016

Sistemas operativos para móbil

Sistemas operativos para móbil

iOS
iOS é o sistema operatio de Apple deseñado para os seus dispositivos móbiles (tablets e smartphones). O que caracteriza a iOS frente a outros é que é un sistema operativo pechado. Apple non permite que se modifiquen características internas do sistema máis alá das limitadas opciones que da nos axustes. Este tipo de sistema operativo permítelle ofrecer sempre unha experiencia máis estable e segura tal e como a deseñou o fabricate nun principio.

Android
É o sistema operativo número un en canto a popularidade. Cunha cuota de mercado que se achega ao 85% o sistema operativo de Google caracterízase por ser aberto e dispoñible para calqueira fabricante interesadoen empregalo nos seus dispositivos móbiles. Unha penetración de mercado tan grande, fixo que aínda que nun primeiro momento iOS fose o SO máis popular para os creadores de aplicacións para móbiles, cada vez máis se dediquen a crealas para os usuarios de Android.

Windows Phone
Windows realizou unha grande aposta ao tentar introducirse no campo dos sistemas operativos para móbiles. Windows Phone destaca pola súa pantalla de inicio personalizable que ofrece as notificacións das apps dun xeito sinxelo e limpo. Ademáis ofrece unha experiencia moi boa independentemente do tipo e gama de terminal en que se estea usando.

Firefox OS
É un sistema operativo basado en HTML5 con núcleo Linux, de código aberto. Foi desenvolto por Mozilla Corporatión co apoio de empresas como Telefónica. Pensado para ser un sistema operativo realmente aberto, a diferencia de Android, onde Google controla certos aspectos del sistema. Esta característica, permite a Firefox OS llegar a cubrir o mercado da gama baixa con prezos reducidos.

Blackberry
Blackberry anteriormente coñecida como RIM non pasa polos seus mellores momentos. Ao igual que co iOS, o sistema operativo é software propietario e somentes os teléfonos da compañía levan o seu sistema instalado. Actualmente é empregado en menos do 1% dos celulares do mundo.

Ubuntu Touch
É outro sistema operativo basado en Linux pero nesta ocasión baixo a distribución Ubuntu. Foi presentado no 2013, trátase dun proxecto de Canonical. Na actualidade varias empresas están a desembolver terminais para este sistema operativo, entre elas a española Bq. Ubuntu Touch emprega as mesmas tecnoloxías da versión de escritorio, polo que ambas comparten apps sen problemas de compatibilidade.

Enlace empregado para realizar a entrada
Enlace empregado para realizar a entrada 2
PD: está entrada correspóndese coa do mércores 4 de maio que non foi realizada na clase pola realización dun exame de física e química na hora de informática.

martes, 3 de mayo de 2016

Sistemas operativos para PC: Mac OS

Sistema operativo Mac OS

Neste video fanos unha pequena introdución ao sistema operativo que emprega Apple nas súas computadoras.

Sistemas operativos para PC: Linux

O sistema operativo Linux e as súas distribucións


Neste video fálannos do sistema operativo de software libre Linux e das diferentes distribuciuóns que ten.

Sistemas operativos para PC: Windows

O Sistema operativo windows, ampliación e versións

Neste video podedes coñecer as diferentes versións do sistema operativo Windows vendo en imaxes como foron evolucionando diferentes aspectos como son os escritorios. Recoméndovos que o vexades a partires do segundo 42.

viernes, 29 de abril de 2016

Sistemas operativos para PC (1)

Os sistemas operativos que existen son moi diversos, poden ser de software libre ou privado. Os máis habituais son Linux, Microsoft Windows e Mac OS pero nesta entrada falaremos tamén de outros que son menos habituais. Os tres grandes serán profundizados nas seguintes entradas.

Linux e similares

Cando falamos dun sistema operativo alternativo a Windows para instalar no noso ordenador, o primeiro que se nos ocorre é Linux.
Grazas a distribucións coma Ubuntu ou Linux Mint, este sistema operativo de código aberto
conseguiu conquistar a un gran número de usuarios de todo o mundo. Ademáis, diversas empresas están conseguindo levar a potencia do software libre ás empresas, e cada vez en un número maior delas descobre as vantaxes de non depender de Microsoft.

Android

Forma parte dos sistemas derivados de Linux pero contén tantas modificacións como para poder ser considerado un sistema operativo independente. Ademáis de en smartphones y tablets (onde predomina), cada vez son máis os fabricantes que comezan a ofrecer Android preinstalado nos seus equipos e de feito, xa vimos como empresas como Acer ou HP están a ofrecer que permiten traballar ou ben con Windows, ou ben con Android.

Chrome OS

Chrome OS parte do kernel de Linux, considérase un sistema operativo diferente. As modificacións que se fixeron no escritorio permiten únicamente traballar con Google Chrome e cas aplicaciones provenientes da Chrome Web Store. Actualmente ven preinstalado nalgúns modelos concretos , pero isto non quere dicir que non o poidamos descargar no noso ordenador. 

React OS

ReactOS é un sistema operativo de código aberto basado nos mellores principios de deseño que se atopan na arquitectura de Windows NT. Foi escrito completamente desde cero, ReactOS non é un sistema basado en Linux, e non comparte nada da arquitectura UNIX. De momento atópase en fase alpha e o seu obxectivo é ser compatible con Windows Server 2003.

Mac OS X
É o sistema operativo de Apple para a súa gama de ordenadores Macintosh. Está basado en UNIX e foi o primeiro sistema operativo en incorporar unha interface gráfica. 

miércoles, 27 de abril de 2016

Compoñentes do sistema operativo

COMPOÑENTES DO SISTEMA OPERATIVO

Núcleo ou kernel:
É a parte fundamental dun sistema operativo. É o software responsable de facilitar aos distintos programas acceso seguro ao hardware da computadora de xeito máis básico, é o encargado de xestionar recursos, a través de servicios de chamada ao sistema. O núcleo tamén se encarga de decidir que programa podefacer uso dun dispositivo de hardware e durante canto tempo, o que se coñece como multiplexado..

Administrador de memoria:
Son os distintos métodos e operacións que se encargan de obter a máxima utilidade da memoria, organizando os procesos e programas que se executan de maneira tal que se aproveite da mellor maneira posible o espacio dispoñible.

Sistema de entrada e saída (E/S):
É a colección de interfaces que empregan as distintas unidades funcionais (subsistemas) dun sistema de procesamento de información para comunicarse unas con outras, ou os sinais (información) enviados a través desas interfaces. As entradas son recibidas pola unidade, mentres que as saídas son os sinais enviados por esta.

Administrador de arquivos: 

É unha aplicación informática que prové acceso a e facilita o realizar operacións con eles, como copiar, mover ou eliminar, arquivos onde o usuario o queira ubicar.